Empresa de rehabilitación de casas en A Coruña para venda ou alugueiro

Empresa de rehabilitación de casas en A Coruña para venda ou alugueiro

Compra-venda e rehabilitación de vivendas en A Coruña

Compra-venda e rehabilitación de vivendas en toda Galicia

Que facemos?

  • Compramos: adquirimos propiedades de particulares ou pertencentes a bancos e a fondos de inversión que teñen o potencial de seren transformadas en fogares de calidade.

  • Rehabilitamos: melloramos as propiedades usando prácticas sustentables e materiais de alta calidade, de forma que cada fogar sexa seguro, eficiente e acolledor.

  • Vendemos e alugamos: devolvemos estas propiedades rehabilitadas ao mercado a prezos xustos para que as persoas poidan acceder a vivendas dignas e sustentables. Traballamos tanto con venda como con alugueiro.

Se tes unha propiedade que precisas rehabilitar, en Nexova podemos axudarche a transformar e actualizar os teus espazos para que se convertan en fogares excelentes. Se buscas unha vivenda, comprometémonos a ofrecerche opcións que cumpran cos estándares de calidade e sostibilidade.

Rehabilitación de vivendas sen compra

Que facemos?

  • Colaboramos: acordamos contigo as condicións da rehabilitación e a posterior volta ao mercado das túas propiedades garantindo a maior rendibilidade.

  • Rehabilitamos: escoitámoste e deseñamos estratexias para realizar a reforma da túa vivenda seguindo os teus criterios e asegurando o maior beneficio.

  • Xestionamos a vivenda: como inversores, tramitamos a venda ou o alugueiro da túa cas ou piso a terceiros.

Nexova permíteche transformar os teus espazos e optimizar o seu rendemento no mercado sen necesidade de inversión. Xuntos podemos garantir que as túas propiedades alcancen o seu máximo potencial.

  Rehabilitación de casas e pisos sen compra

Reforma de vivendas en A Coruña: unha alternativa fronte á nova construción

Un dos maiores problemas da vivenda en España é a existencia de pisos, tanto de particulares como de grandes entidades, en situación de abandono ou fóra do mercado. Desde Nexova queremos loitar contra este conflito. Desta forma, do mesmo xeito que os cangrexos ermitáns, buscamos propiedades xa existentes que se poidan rehabilitar e adaptar ás necesidades actuais. Con isto conseguimos devolver propiedades ao mercado e aumentar a oferta, contribuíndo á solución do problema.

Solicita máis información

Desde Nexova ofrecémosche a posibilidade de realizar un estudo gratuíto sobre a túa propiedade en caso de que a queiras vender ou alugar. Tamén che ofrecemos unha proposta de mellora que che permitirá obter unha maior rendibilidade sobre ela.

Contáctanos e coñece como podemos dar unha nova vida aos teus espazos ou encontrar a vivenda perfecta para ti. En Nexova buscamos converternos nun modelo a seguir no sector inmobiliario, demostrando que é posible facer negocios dunha forma rendible, sustentable e comprometida.