Rehabilitación de vivendas para venda ou alugueiro

Rehabilitación de vivendas para venda ou alugueiro

Transformamos propiedades, melloramos vidas

En Nexova, a túa empresa de rehabilitación de vivendas en A Coruña e arredores, estamos comprometidos coa creación de fogares habitables e sustentables que melloren a calidade de vida das persoas. O noso enfoque vai alén da simple compra e venda: rehabilitamos propiedades en mal estado ou abandonadas e convertémolas en espazos acolledores que cumpren cos máis altos estándares de habitabilidade e sostibilidade. Así, o equipo de Nexova está formado por profesionais que comparten estes valores e apaixonados pola construción, a rehabilitación e o impacto social.

Queremos dar unha nova vida á túa propiedade para actualizala á demanda actual e devolvela ao mercado, garantindo calidade e rendemento.

Transformamos propiedades, melloramos vidas

O noso compromiso: sumar valor coa rehabilitación de vivendas

Enfocámonos en proxectos en que poidamos achegar valor aos/as propietarios/as, a futuros/as residentes e á comunidade. Todas as propiedades deben poder adaptarse aos nosos estándares para seren aceptadas.

Desta maneira, buscamos asegurar unha calidade axeitada para as persoas que vaian gozar deste novo fogar, así como minimizar os erros e maximizar a rendibilidade dos/as propietarios/as.

Os nosos valores

Nexova, a túa empresa de rehabilitación de vivendas en A Coruña e en toda Galicia, queremos defender valores imprescindibles para maximizar o benestar dos/as clientes e o rendemento dos/as propietarios/as.

Calidade de vida

Esforzámonos para mellorar a habitabilidade de cada espazo, creando fogares en que as persoas poidan vivir cómoda e dignamente.

Sostibilidade

Implantamos prácticas sustentables nos proxectos, reducindo o noso impacto ambiental e promovendo un estilo de vida máis ecolóxico.

Impacto social

Traballamos para revitalizar comunidades e ofrecer vivendas cun custo razoable, contribuíndo ao mellorar o benestar da sociedade.

Rendibilidade

Establecemos unha estratexia que posibilite unha inversión eficiente e que garanta rendibilidade para todas as partes.

Reformar unha vivenda deixa unha forte pegada na comunidade, xa que supón un investimento nela e unha aposta pola economía local.

Compramos e rehabilitamos casas e pisos en A Coruña

O noso obxectivo

En Nexova buscamos converternos nun modelo a seguir no sector inmobiliario, demostrando que é posible facer negocios dunha forma rendible, sustentable e comprometida coa calidade de vida das persoas.

Compra e rehabilitación de vivendas en A Coruña e arredores

  • Compramos e rehabilitamos casas e pisos.

  • Vendemos ou alugamos a propiedade xa rematada cos máis altos estándares de habitabilidade e sostibilidade.

Reformamos a túa propiedade

  • Rehabilitamos a túa casa ou piso como inversores.

  • Xestionamos a venda ou alugueiro da túa propiedade.

Queres rehabilitar a túa vivenda?

Se tes unha propiedade que pensas que se pode beneficiar da nosa intervención ou se estás buscando un fogar que reflicta os nosos valores de sostibilidade e calidade, contacta connosco. Con Nexova, como cliente terás a garantía de vivir nunha propiedade con altos estándares de calidade e como propietario/a conseguirás a mellor rendibilidade.

Xuntos podemos transformar propiedades e mellorar vidas.